CÓMO SE TRANSMITE?

O VIH pode transmitirse por tres vías: sexual, sanguínea e de nai a fillo/a.
Ademais, para que se produza a infección é necesario que o VIH penetre no organismo e entre en contacto co sangue ou mucosas (revestimento do interior da boca, vaxina, pene e recto) da persoa.

Vía sexual: nas relacións sexuais con penetración (anal, vaxinal ou oral) sen preservativo. A penetración anal é a práctica de maior risco, seguida da vaxinal. Cando unha persoa presenta outras infeccións de transmisión sexual (ITS) o risco de infección por VIH aumenta. As relacións sexuais orais teñen moito menor risco, especialmente sen exaculación.

Vía sanguínea: ao compartir xiringas, agullas, outro material de inxección ou calquera instrumento cortante que estivese en contacto con sangue infectado.
O intercambio de instrumentos punzantes e cortantes non esterilizados para perforacións na pel como os utilizados para tatuaxes, “piercing”, acupuntura, perforación de orellas, etc. supón tamén un risco.

Vía materno filial (de nai a fillo): cando a muller é seropositiva, a transmisión do virus pode ter lugar durante o embarazo, o parto ou a lactación.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s