QUE É O VIH E A SIDA?

Image

A palabra sida corresponde ás iniciais da Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida. A sida é un estado avanzado da infección causada polo Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH), que provoca a destrución progresiva do sistema inmunitario.

Nunha primeira fase, o VIH multiplícase activamente nas células infectadas. O sistema inmunitario responde diminuíndo a presenza de virus no sangue, aínda que non impide que os virus sigan presentes e continúen afectando a outros órganos. Durante varios anos o organismo pode permanecer nesta situación de aparente equilibrio, pero o VIH séguese multiplicando nas células e infectando outras novas. Finalmente, se non se accede ao tratamento prodúcese un debilitamento paulatino das defensas do organismo. Aparecen entón os signos e síntomas propios da enfermidade que definen a sida.

Advertisements