A profilaxe post exposición non ocupacional (PPENO) é unha medida de prevención secundaria dirixida a evitar o desenvolvemento da infección polo VIH tras unha exposicion accidental ó virus, por via sexual ou parenteral, foro do ámbito sanitario.
Estivo exposto a unha situación de risco e non transcurriran 72 horas dende a exposición ó VIH, pode acudir, preferiblemente nas 6 primeiras horas, ó servizo de urxencias dun hospital onde valorarán o risco e poderán aconsellarle iniciar un tratamento preventivo con fármacos antirretrovirais durante 28 días que podería evitar a infección.



